SEECGalicia

Odisea 2015 – Datos de participación

Mañá comeza unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a X para Galicia, a VIII para a Comunidade Valenciana, a IV para Catalunya e Aragón, a III para Valladolid e a I para Andalucía, Extremadura e La Rioja.

Serán un total de 3.556 alumnos, distribuídos en 1.401 equipos, pertencentes a 299 Centros Educativos.

Vólvense a bater este ano todos os récords. No caso de Galicia pasamos de 43 centros participantes en 2014 a 59 centros este ano.

Unha vez pechada a inscrición, os datos de participación de ODISEA 2015 son os seguintes:Captura de pantalla 2015-01-25 16.14.32

E aquí podedes ver o mapa dos centros participantes