SEECGalicia

Odisea 2015, X edición

A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a X edición do concurso ODISEA.

A inscrición será desde o 1 de decembro ata o 23 de xaneiro. O concurso terá lugar entre os días luns 26, martes 27, mércores 28 e xoves 29 de xaneiro (primeira fase), e os días mércores 4 de febreiro e mércores 11 de febreiro de 2015 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario do concurso. Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Galicia, Extremadura, La Rioja, Valencia-Castellón e de Alacant, Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC). Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2015 achegándonos a un novo tema: “O amor en Grecia e Roma” Animamos unha vez máis a todo o profesorado e alumnado de Cultura Clásica, de Grego e de Latín a participar no concurso coa ilusión renovada de contribuír así á pervivencia das clásicas no ensino secundario.