O pasado sábado 8 rematou con éxito a Viaxe a Italia que organiza SEECGalicia, coordinada nesta ocasión por Fernando Domènech, co apoio de quen ideara no seu momento estas viaxes, Ricardo Martín. Participaron 55 alumnos dos IES Saturnino Montojo de Ferrol, Xulián Magariños de Negreira, María Casares de Oleiros e membros do grupo de teatro especializado en teatro grecolatino Noite Bohemia, procedentes fundamentalmente do IES Menéndez Pidal da Coruña.
Esta é unha breve crónica da viaxe.
SÁBADO 1. Vóo a Fiumicino dende Alvedro vía Barajas. Tivemos ocasión de saúdar ao expresidente italiano Enrico Letta, que compartía connosco non só o vóo senón tamén clase turista (salientable). Un home moi amable no trato. Unha vez chegados, dúas maletas perdidas (unha delas de Ricardo Martín, que xa recunca neste infortunio) e outras dúas aparentemente perdidas pero que despois reapareceron, provocaron un retraso nos horarios que impediu que fixéramos ningunha actividade que non fora cear e durmir.
DOMINGO 2. Excursión a Pompeia. As previsións meteorolóxicas anunciaban choivas nada favorables para unha visita así, pero o certo é que só comezou a chover no momento que acabamos a visita, Deo gratias. A visita resultou fantástica e Pompeia sigue a fascinar a todos os que a visitamos. Posteriormente soupemos que o templo de Venus se derrubara a noite antes da nosa visita e que unha domus tamén caera na tarde da nosa partida… A excursión rematou cunha pequena parada no centro de Nápoles para xantar e dar unha voltiña.
LUNS 3. Visita ao único museo do mundo que pecha os domingos, o museo do Vaticano. Todos os profesores sabiamos que esta é unha visita difícil pola gran cantidade de visitantes e pola intensidade da mesma. Todos os rapaces manifestaron estar cansísimos e ao límite de comprender máis información ou ver máis beleza artística. Nembargantes houbo alumnos dispostos a subir a cúpula de Miguelanxo sen xantar previamente, todo un mérito que reflicte que tipo de alumnado levamos. Completamos a xornada cun paseo ata Piazza di Spagna pasando por Castelsantangelo, Ara Pacis e Mausoleo de Augusto.
MARTES 4. Visita a Coliseo, Palatino e Foros. Nova predición de choivas que non se cumpriu, afortunadamente. As nosas guías romanas fixéronos disfrutar en plenitude desta tríada de visita obrigada. Despois de xantar completamos a xornada coa visita aos Mercados de Traxano, por primeira vez nestas viaxes a Roma, e con gran aceptación por parte de alumnos e profes.
MÉRCORES 5. Visita ao centro histórico de Roma. Que sería dunha visita a Roma sen vivir a maxia eterna do Panteón? E se de maxia hai que falar, non ten algo de máxico pensar que o Estadio de Domiciano está dalgún xeito presente na Piazza Navona, tanto no seu nome como na súa forma? Se a todo isto engadimos a espectacular beleza das prazas e igrexar barrocas e a oportunidade única de visitar o interior de Sant’Ivo alla Sapienza de Borromini e que Febo reluciu en toda a súa intensidade, comprenderedes que esta mañá foi única para todos nós. A xornada completouse coa visita das Termas de Caracalla. Despois uns visitaron a Moisés na súa morada de San Pietro in Vincoli e outros, os museos Capitolinos.
Xoves 6. Excursión de día a Florencia. Todo un relax a visita da cidade do Arno, con escasísimo tráfico no centro e coa súa elegancia e equilibrio renacentistas. O David de Miguel Anxo sigue a fascinar os milleiros de visitantes que lle rinden culto a diario e as truculentas historias dos Medici e dos Pazzi fannos recordar que os períodos apaixoantes de ler e coñecer foron tamén os mais duros de vivir no día a día. Accidentadísimo viaxe de volta, cun incendio e un accidente gravísimo dun camión TIR que convertiron a noso regreso nun pesadelo de 7 horas; pero, como se di “que nos quiten lo bailao”.
Venres 7. Estaba previsto un comezo de mañá tranquilo e relaxado despois de tantos esforzos, pero aínda houbo quen tivo folgos para visitar pola mañá cedo unhas catacumbas dos primeiros cristiáns. O resto do grupo visitou tranquilamente a Piazza do Popolo e despois subiu tranquilamente ata Villa Borghese. Xa todo o grupo fixo a visita da Galleria homónima, que é unha auténtica delicia e un conxunto de obras exquisitias magnificamente expostas. O día concluiu coa panorámica da Cidade Eterna dende o Xanículo e a visita ao Trastevere.
Sábado 8. Últimas compras antes de ser recollidos as 12.30 para abandoar Roma, vóos tranquilos e chegada a Alvedro ás 23 horas, segundo horario previsto, cansísimos pero felicísimos.
Hai que salientar que malia ser un grupo de 55 adolescentes, todas as actividades se puideron desenvolver perfectamente, con puntualidade e que fomos felicitados constantemente polos guías que nos acompañaban, que afirmaron non estar afeitos a traballar con grupos tan disciplinados e concentrados. Os nosos parabéns para eles, os seus profesores e os seus pais. Non hai dúbida de que organizar esta viaxe e levala a cabo in situ supón un grande esforzo, pero é un pracer facelo se está destinado a alumnado así. Misión cumprida, vémonos en Grecia 2015.
Dilara
Impacta, como xa dixeron a maioreda dos meus compaf1eiros, panser que o ser humano (que o longo da historia pensou que era superior o resto das especies) e9 algo tan pequeno en comparacif3n co resto do universo.Pero, aednda que somos unha parte del, e pensamos que temos todo baixo control, e que xa temos cof1ecementos de abondo, hai cousas que nos limitan coma o tempo e o espazo. Xa que estes dous factores, en parte, este1n ligados entre si. Ased que, como dixo Einstein:Un ser humano e9 parte de un todo, chamado por nf3s universo, unha parte limitada no tempo e no espazo. Experime9ntase a si mesmo, os seus pensamentos e sentimentos coma algo separado do resto… algo ased coma unha ilusif3n f3ptica da sfaa conciencia. Esta falsa ilusif3n e9 para nf3s coma unha prisif3n que nos restrinxe os nosos desexos persoais e o afecto que procesamos as poucas persoas que este1n o noso redor. A nosa tarefa debe ser liberarnos desta prisif3n ampliando o noso circulo de compaixf3n para abarcar a tf3dalas criaturas vivas e a natureza, en conxunto, en toda a sfaa beleza.