
Este ano acadamos record de participación, ao asistiren 4.560 alumnos de 95 centros de ensino das catro provincias galegas, de León, Zamora e Valladolid.
A prensa fíxose amplo eco deste éxito, que se traducíu tamén nunha presenza masiva de rapaces polas rúas de Lugo, que non pasou desapercibida.
Agradecemos de novo ao concello o seu patrocinio e aos profesores e alumnos a vosa fidelidade a esta cita primaveral.
Este ano correspóndelle a SEECGalicia organizar en Lugo a clausura nacional dos festivais de Prósopon.
Manterémosvos informados e esperamos a vosa asistencia.
Fotografía: Menaechmi Grupo Parrocha.