SEECGalicia

VII OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS-2022

BASES

1. Destinatarios
Estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.

2. Probas
Os estudantes poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas do concurso.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección do dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados na ABAU; proporase un texto de cada un dos dous autores e haberá que elixir un deles:
— Lingua Grega: Xenofonte e Apolodoro.
— Lingua Latina: Eutropio e Fedro.

3. Data, lugar e hora das probas
Mércores 25 de maio de 2022
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, aulas C-11 e C-12
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina

4. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor/-a de Universidade e dous profesores/-as de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.

5. Premios
Outorgaranse 3 premios en metálico para cada unha das dúas modalidades:
1º premio: 300€
2º premio: 200€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da súa participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente ás 17:00 horas do xoves 16 de xuño de 2022 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Nese mesmo acto serán entregados os premios do concurso “Odisea 2022”.

6. Inscrición
Hai que cubrir un formulario por cada estudante que se desexe inscribir na seguinte ligazón: formulario.
O prazo de inscrición é do 26 de abril ao 20 de maio de 2022.