SEECGalicia

Odisea 2018, “A morte en Grecia e Roma”

A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SeecGalicia) convoca a trixésima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia.

Terá lugar entre os días luns 5, martes 6, mércores 7 e xoves 8 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 21 de febreiro e xoves 1 de marzo (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario adxunto.

A inscrición dos equipos realizarase entre os días luns, 4 de decembro de 2017 e o mércores 31 de xaneiro de 2018, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición directamente na WEB do concurso.

Nesta edición participarán seccións da SEEC de Andalucía (Secciones de Cádiz, Córdoba, Granada-Jaén-Almería, Málaga e Sevilla-Huelva), Aragón, Asturias (que participa por primeira vez en colaboración coa Asociación asturiana de profesores de Latín e Griego “Céfiro”), Canarias, Galicia, Extremadura, Valencia-Castellón, Valladolid, Madrid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).

A súa celebración coincidirá nas mesmas datas en todas as Seccións. As preguntas cinguiranse ao currículo de Cultura Clásica, Latín e Grego que se ensina nos centros e, como se establece nas bases, cada día versarán sobre aspectos concretos do tema elixido en cada edición.

Navegaremos nesta nova aventura de ODISEA 2018 achegándonos a un novo tema: “A morte en Grecia e Roma”.

O concurso poderá seguirse en Twitter co hashtag #OdiseaXVIII