SEECGalicia

Viaxe a Grecia 2013

Datas: do 9 ao 16 de febreiro
Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia e Delfos
Directores: Fernando Domènech e Miguel Anxo Meixueiro
50 prazas máximo – mínimo 40

PROGRAMA

SÁBADO 9:

Saída desde o aeroporto de A Coruña; enlace en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no hotel e facer unha a visita turística guiada polas zonas máis emblemáticas de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…

DOMINGO 10:

Mañá: visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
Tarde: excursión ao monte Lycabitos.

LUNS 11:

Mañá: visita á Acrópole, museo da Acrópole, Areópago, Ágora grega….
Vista libre ao Museo Benaki (Etnográfico de Grecia)

MARTES 12:

Saída cara ao Peloponeso:
Mañá: Micenas e Nemea.
Tarde: Nauplio

MÉRCORES 13:

Mañá:
Epidauro e Tirinto.
Tarde: viaxe cara a Olimpia.

XOVES 14:

Mañá: Olimpia.
Tarde: viaxe cara a Delfos.

VENRES 15:

Mañá: Delfos
Tarde: viaxe cara a Atenas

SÁBADO 16:

Mañá: libre para compras
Tarde: regreso á Coruña vía Madrid.

 

PREZO:

715,00€ (en habitacións dobres e  triplas). Trátase de case o mesmo prezo total de hai dous anos, coa importante diferencia de que o réxime do hotel Stanley non será de aloxamento e almorzo (2011) senón de aloxamento e media pensión, polo que, aínda que somos de letras, é evidente que a viaxe e máis económica en termos absolutos.

Este prezo inclúe:

  • Viaxe en avión (Iberia) e traslado a hotel en Atenas.
  • Autocar e guía en español polo Peloponeso
  • Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher)
  • Aloxamento en media pensión en Atenas (H. Stanley ****)
  • Aloxamento con media pensión (cea) polo Peloponeso
  • Guía oficial en español durante toda a viaxe. Para os que xa fixeron en ocasións anteriores, podemos confirmar que se trata unha vez máis de Eleutherios.

Non inclúe as entradas a Benaki (museo privado) nin o funicular a Lycabitos

Nota: comer en Grecia é bastante máis barato que en España; en Atenas hai numerosos sitios (pizzerías, hamburgueserías, kebábs) baratos onde cubrir as comidas que non estean incluidas na media pensión.

 

FORMAS DE PAGO:

100,00€  entre o 1 e o 14 de decembro en concepto de RESERVA DE PRAZA a unha conta bancaria que se indicará no seu momento. Estes cen euros non se devolverán salvo que existan causas moi fundadas de anulación (accidentes, enfermidades…)

O resto (615€) uns oito/dez días antes da excursión a unha conta bancaria que dea a axencia de viaxes

Advertencias:

– Para a inscrición darase prioridade absoluta aos profesores que sexan membros de SEECGALICIA cos seus respectivos grupos.
– A gratuidade da axencia de viaxes será para os coordinadores da SEEC

 

Prioridade:

  • Profesores socios de SEECGalicia
  • Rigoroso orde de presentación de solicitude

Prazo de preinscrición: 15 de novembro – 30 novembro
Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 15 de novembro.