Os días 27e 28 de maio a sede de Mérida acolleu aos representantes dos Festivais de Teatro de todas as sedes integradas na rede Prósopon. O sábado 27 celebrouse a asemblea xeral onde se fixo balance dos distintos festivais, que mobilizaron a mais de 66.000 escolares de toda España. Durante o acto de clausura foron nomeados novos Socios de Honor de Prósopon e o grupo de teatro de profesores do IES Santa Eulalia (Mérida), Clípeo Teatro, representou a obra “O eunuco” de Terencio, con versión libre de Marino González Montero.
A sede emeritense ofreceu aos participantes toda unha serie de actividades que complementaron magnificamente os actos da clausura, entre as que cabe salientar a visita aos principais recintos arqueolóxicos da cidade e ao seu renomado Museo Arqueolóxico. Como membros da rede Prósopon, coas nosas sedes de Lugo, Ourense e Coruña, queremos agradecer e felicitar aos nosos colegas de Mérida pola calurosa acollida e pola fantástica organización de todos os eventos que formaron parte da clausura. Gratias plurimas vobis agimus, Emeritenses collegae!!