X Ludi Compostellani 2027
X LVDI COMPOSTELLANI
XOVES 14 DE XANEIRO DE 2027
FACULTADE DE FILOLOXÍA DE SANTIAGO
O xoves 14 de xaneiro de 2027 SEEC-Galicia organiza na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela os X LVDI COMPOSTELLANI, nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de secundaria, bacharelato e universidade, coa participación de alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica da USC, IES Pontepedriña, IES de Melide, IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, IES Francisco Aguiar de Betanzos, IES Chano Piñeiro de Forcarei, da compañía de teatro Noite Bohemia, do Circulus Latinus de Galicia e da Asociación GALLAECIA VIVA.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES Data: xoves 14 de xaneiro de 2027 Lugar: Facultade de Filoloxía da USC, Santiago de Compostela. As aulas nas que se desenvolve cada obradoiro comunicaranse aos centros participantes coa antelación oportuna.
10.00-11.00/ 11.00- 12.00 . Obradoiros:
- Obradoiro de Algorithmica Caesaris (mensaxes cifradas na antigüidade)
- Obradoiro de Ars Amatoria (ligar en latín con Ovidio como guía)
- Obradoiro de Danza Grega
- Obradoiro de Escritura Antiga latina e grega
- Obradoiro de Graffiti Pompeianos
- Obradoiro de Mosaicos
- Obradoiro de Moda Clásica
- Obradoiro de Xogos
- Obradoiro de Hixiene
- Obradoiro de Microteatro
- Obradoiro de LatiCromos (aforismos latinos na taberna con música ambiental LatiPlay)
10.00-11.45. Xincana mitolóxica por Compostela, saída da Praza do Obradoiro, diante do Pazo de Raxoi. A xincana poderá contar coa colaboración do Circulus Latinus.
12.30-13.30. Espectáculo a cargo da asociación GALLAECIA VIVA, no Salón de Actos.
PREZO: 2 € por alumno/a e obradoiro ou xincana. O espectáculo de Gallaecia Viva é gratuíto. (O custe das entradas só se devolverá no caso de que non se celebre a actividade). Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición entre o 2 e o 9 de decembro de 2026. O formulario de inscrición abrirase o mércores 2 de decembro ás 17.00. Só poderán participar un máximo de 40 alumnos por centro. En cada obradoiro poderán participar 20 alumnos/-as, e no espectáculo de GALLAECIA VIVA 320.
As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado dos centros que colaboran na actividade, despois o alumnado do profesorado ou dos centros socios da SEEC e, dentro deles, os pertencentes á sección galega en primeiro lugar. Comunicarase coa maior celeridade posible a todos os solicitantes en que obradoiros foron admitidos e no correo de confirmación indicaráselle o n.º de conta bancaria ao que deben facer a transferencia do importe dos obradoiros, que deberá ser efectuada antes do 18 de decembro.