SEEC-Galicia organiza un acto co profesor e comunicador Emilio del Río Sanz, para a presentación do seu último e exitoso libro “Latín Lovers. La lengua que hablamos (aunque no nos demos cuenta” (editorial Espasa).
Emilio del Río é profesor da Universidade de A Rioxa e un excelente comunicador, como amosa na súa colaboración no programa “No es un día cualquiera”, de Pepa Fernández en RNE, coa sección “verba volant”, dedicada ás linguas e á cultura clásicas. Ademais na súa faceta política foi un dos principais promotores da iniciativa aprobada polo Congreso español o pasado mes de febreiro para a solicitude ante a UNESCO da declaración do latín e do grego antigo como patrimonio inmaterial da humanidade; tamén teremos oportunidade de falar desta iniciativa.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 19 de xuño ás 20:00 horas no auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela (Praza das Praterías, 2).