SEECGalicia

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DOS CONCURSOS SEEC-GALICIA 2021

O martes 22 de xuño de 2021 tivo lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela o acto de entrega de premios e de diplomas de participación dos distintos concursos organizados por SEEC-Galicia no curso 2020-2021 dirixidos a estudantes de Secundaria e Bacharelato:
– XVI edición do concurso de cultura clásica “Odisea”.
– Concurso “A máscara que inspira. Teatro grecolatino na aula”, patrocinado pola Concellería de Educación do Concello de Lugo.
– VI Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos.
Aquí están as fotos dos ganadores.