Onte, 1 de xuño, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela tivo lugar a presentación dos volumes “Cantar de Valtario” e “Cantar de Ruodlieb” coa tradución ao galego deses dous poemas épicos medievais elaborada por Maite Jiménez. No acto interviñeron a tradutora, o presidente de SECC-Galicia, Xosé Carracedo, e os responsables de Rinoceronte Editora e da “Colección Vétera”, onde foron publicados os volumes, Moisés Barcia e Raúl Gómez respectivamente. O acto pechouse cunhas pezas de música medieval a cargo de Isabel Cota e David Rivada.
Acto de presentación dos libros “Cantar de Valtario” e “Cantar de Ruodlieb”
2 de Xuño de 2017 / 0 respostas