SEECGalicia

Círculo Grego de Galicia

O próximo venres, 26 de outubro de 2018, ás 17:00 horas, na aula B03 da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, comezarán as actividades do “Círculo Grego de Galicia” coordinado por Óscar Souto, colaborador de “dialogoi.es”.

Que é?
Unha reunión mensual de persoas que ensinan, estudan ou queren aprender grego antigo. Todo o mundo pode participar e propoñer temas para as reunións.

Onde?
En Santiago de Compostela, na Facultade de Filoloxía, un venres de cada mes.

De que imos falar?
Ao non haber un mestre todos os participantes teñen que propoñer pouco a pouco temas variados como os seguintes:
* Explicar textos gregos con paráfrases.
* Explicar cadros ou imaxes.
* Contar mitos, historias ou escenas de filmes en grego.
* Utilizar a técnica denominada en inglés “story telling”.
* Escribirmos en grupo pequenos textos en grego.
* Practicarmos en grupo puntos da gramática con exercicios sinxelos.
* Traducir cancións actuais ao grego.
* Dialogar libremente entre nós.
* Xogar coas palabras, etc.

Pódense ver máis detalles e os contidos concretos propostos para a primeira reunión neste documento.