SEECGalicia

Clasificación Definitiva de Odisea 2024 en Galicia

Por primeira vez no concurso non haberá desempate en Galicia. Só un equipo acadou a máxima puntuación.
O segundo e terceiro premio, cos equipos empatados a puntos, decidiuse polo tempo empregado en contestar ao preguntón, como se especificaba nas bases.
————————————————————————
A CLASIFICACIÓN DEFINITIVA do concurso en Galicia queda como segue:

  • 1º premio, equipo LAS FURIAS, do IES CANIDO de FERROL
  • 2º premio, equipo LA GRANADA DE PERSÉFONE, do IES DE AMES (BERTAMIRÁNS)
  • 3º premio, equipo LATIN LOVERS SIVE LOCUS HORRENDUS, do IES VAL MIÑOR (NIGRÁN)
  • ————————————————————————–
    A nosa noraboa para os profesores e alumnos premiados, que se fai extensiva a todos os participantes.

    E moitos ánimos para LAS FURIAS, que representarán a Galicia na FINAL ESTATAL do vindeiro mércores 31 de xaneiro.

    Pódese consultar o resto da clasificación dende esta ligazón.