O alumno ANTÓN ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, do IES República Oriental do Uruguai de Vigo, representante da Sección de Galicia, resultou o ganador na fase estatal final do “Concurso Parnaso 2026” organizado pola SEEC.
O premio é unha bolsa de viaxe para participar na Academia Homérica de Quíos (Grecia) no próximo mes de xullo.
Moitos parabéns para Antón e para o seu profesor Alejandro Morón Bandín.