SEECGalicia

Dictame do ministerio de Educación sobre a materia de Cultura Clásica

A raíz de varias consultas que se nos fixeron sobre a incompatibilidade das materias de Cultura Clásica de 3ºESO e 4ºESO, querémosvos facer chegar o dictame que o Ministerio de Educación elaborou sobre a cuestión. Este dictame fíxose a petición do noso socio Álvaro Cimas, quen tivo a amabilidade de nos achegar o documento que agora compartimos convosco. Esperamos que sexa da vosa utilidade e solvente as dúbidas sobre a cuestión, na que o ministerio aclara que son os centros, na súa autonomía, os que teñen a última palabra para decidiren se os alumnos que cursaron Cultura Clásica en 3ºESO poden matricularse na Cultura Clásica de 4ºESO.

Pinchando aquí, accederedes ao documento.