SEECGalicia

III LVDI COMPOSTELLANI

III LVDI COMPOSTELLANI
MÉRCORES 25 DE ABRIL DE 2018

Coincidindo coa entrega de premios aos gañadores e gañadoras da IV Olimpíada de Tradución o vindeiro mércores 25 de abril, SEEC Galicia organiza na Facultade de Filoloxía os III LVDI COMPOSTELLANI nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de primaria, secundaria e bacharelato, coa colaboración do alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica e Historia da USC, IES Arcebispo Xelmírez II (Compostela), IES Manuel García Barros (A Estrada), IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e IES de Melide.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Data: mércores 25 de abril de 2018
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC
11.00. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de cociña: aula B03
Obradoiro de microteatro a Odisea: sala 313 en 3º andar
Obradoiro de Grafitos de amor pompeianos: aula B13
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1ª planta
Obradoiro de moda clásica: local de alumn@s 3º andar
Obradoiro de danza grega: local 4 en soto
Obradoiro de xogos: salón de actos
11.00. Xincana mitolóxica por Compostela, saída da Praza do Obradoiro, diante do pazo de Fonseca, duración 2 h.

12.15. Micro-espectáculos no salón de actos: (10 mm. de duración cada un)
– Microteatro clásico: a cargo de alumnado do IES M. G. B. da Estrada e o alumnado participante no obradoiro
– Regueifa filósof@s greg@s vs filósof@s alemáns a cargo do Grupo Teiroa do IES de Melide
– Danza grega: a cargo de alumnado do IES de Melide e o alumnado participante no obradoiro

12. 45. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de cociña: aula B03
Obradoiro de microteatro a Odisea: sala 313
Obradoiro de hoplitas gregos: aula B13
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1ª planta
Obradoiro de moda clásica: local de alumn@s 3º andar
Obradoiro de danza grega: local 4 en soto
Obradoiro de xogos: salón de actos

13.50. Micro-espectáculo no salón de actos: (10 mm. de duración)
Microteatro clásico: a cargo de alumnado do IES M. G. B. da Estrada e o alumnado participante no obradoiro
14.00. Descanso

16.00. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de gladiadores romanos: aula B13
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1º andar
Obradoiro de moda clásica: local de alumn@s 3º andar
Obradoiro de danza grega: local 2 en soto
Obradoiro de xogos: salón de actos

17.30. Regueifa filósof@s greg@s vs filósof@s alemáns, montaxe teatral a cargo do Grupo Teiroa do IES de Melide no salón de actos da Facultade de Filoloxía (duración 10 mm)
17.45. Danza grega a cargo do alumnado do IES e Melide e o alumnado participante no obradoiro no salón de actos da Facultade de Filoloxía.
18.00. Entrega de premios IV Olimpíada de Tradución no salón de actos da Facultade de Filoloxía.
18.30. Fin da xornada.

Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición até o venres 20 de abril. En cada obradoiro só poderán participar un nº máximo de 20 alumn@s, e na xincana mitolóxica 30. Recórdase que a asistencia aos obradoiros e xincana mitolóxica implica a participación activa do alumnado. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado dos centros colaboradores na organización destes Ludi e o do profesorado ou centros socios da SEEC. Nesta edición as actividades ofertadas serán de balde, custeadas pola Sección Galega da SEEC.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Contacto: (Para calquera cuestión relativa á asistencia aos LVDI COMPOSTELLANI)