SEECGalicia

VII LVDI COMPOSTELLANI

VII LVDI COMPOSTELLANI
XOVES 18 DE ABRIL DE 2024
FACULTADE DE FILOLOXÍA DE SANTIAGO

O xoves 18 de abril de 2024 SEEC-Galicia organiza na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela os VII LVDI COMPOSTELLANI, nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de primaria (5º e 6º), secundaria, bacharelato e universidade, coa participación de alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica da USC, IES de Melide, IES San Tomé de Freixeiro (Vigo), IES Francisco Aguiar de Betanzos, IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela) e da asociación Esgrima Histórica FALCATA.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Data: xoves 18 de abril de 2024
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC – Santiago de Compostela
10:30-11:30/ 11.30- 12.30 . Obradoiros.
Obradoiro de ciencia: aula D15
Obradoiro de danza grega: Sala de Pilates en soto (local non accesible para persoas con mobilidade reducida)
Obradoiro de escritura antiga latina e grega: vestíbulo 1º andar
Obradoiro de hoplitas gregos: aula B13
Obradoiro de mosaicos: aula B03
Obradoiro de moda clásica: aula D02
Obradoiro de xogos: Salón de actos
Obradoiro de Hixiene: “Comedor”, 3º andar
12:45-13.45. Espectáculo a cargo da asociación Esgrima Histórica FALCATA, no Salón de Actos.

PREZO: 2 € por alumno/a e obradoiro.

Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición entre o 14 e o 19 de marzo de 2024. O formulario de inscrición soamente estará operativo nesas datas e abrirase o xoves 14 de marzo ás 17.00 horas. Poderá participar un máximo de 40 alumnos por centro. En cada obradoiro poderán participar 20 alumnos/-as, e no espectáculo de gladiadores 320.

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado do profesorado ou dos centros socios da SEEC e, dentro deles, os pertencentes á sección galega en primeiro lugar. Comunicarase coa maior celeridade posible a todos os solicitantes en que obradoiros foron admitidos e no correo de confirmación indicaráselle o nº de conta bancaria ao que deben facer a transferencia do importe dos obradoiros, que deberá ser efectuada antes do 5 de abril.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN