Durante todo o día de onte, mércores 3 de maio, tiveron lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago os “II Ludi Compostellani” coa participación duns 200 estudantes de distintos niveis de ensino de centros de toda Galicia.
A xornada pechouse co acto solemne de entrega de premios aos ganadores/-as da Terceira Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos e de diplomas a todos os participantes. No acto estiveron presentes Da. María José López Couso, Decana da Facultade de Filoloxía da USC, D. Anxo M. Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura, D. Benedict Buono, Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC e D. José Carracedo Fraga, Presidente de SEEC-Galicia.
Nesta edición da Olimpíada participaron 56 alumnos/-as na proba de lingua grega e 72 na proba de lingua latina, procedentes de centros de bacharelato de toda Galicia. Os ganadores foron: Teresa SUÁREZ TORRES (IES Valle Inclán – Pontevedra), 1º premio en lingua grega, Antón ENTENZA MARTÍNEZ (IES Valle Inclán – Pontevedra), 2º premio en lingua grega, Sarah VIDAL HORTA (IES Valle Inclán – Pontevedra), 3º premio en lingua grega e 2º en lingua latina, Miguel CADÓRNIGA MARTÍNEZ (IES Ramón Menéndez Pidal – A Coruña), 1º premio en lingua latina, e Samantha Leonor BOTICA FUENTES (IES Valle Inclán – Pontevedra), 3º premio en lingua latina.
Reciban os parabéns todos os premiados e grazas todos os participantes na Olimpíada e nos Ludi por contribuír ao éxito da convocatoria.