SEECGalicia

IV Olimpíada de traducións de textos clásicos

A Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela acolleu este xoves, 5 de abril, a cuarta edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, organizada por SEEC-Galicia en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC.
Na competición participaron 33 estudantes na proba de grego e 61 na de latín, procedentes de centros de ensino secundario de toda Galicia. Moitas grazas a todos os estudantes participantes e aos seus profesores.
Os gañadores recibirán os seus galardóns e todos os participantes os seus diplomas o vindeiro 25 de abril na mesma Facultade de Filoloxía. Ese día celebraranse ademais os “III Ludi Compostellani”, toda unha xornada de festa da cultura clásica, con obradoiros de hoplitas, escritura en papiro, táboas micénicas, xogos de nenos romanos, cociña, gladiadores, danzas gregas, teatro, xincana etc.