1) V LUDI COMPOSTELLANI
Celebraranse probablemente o mércores 22 ou xoves 23 de xaneiro de 2020. Incluirán como sempre actividades múltiples relacionadas coas linguas e a cultura clásicas.
2) VI XORNADA CLÁSICA: DIES LIBRORUM
Con motivo do día do libro (23 de abril) celebrarase na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela unha xornada con obradoiros, xogos e recital de lecturas.
3) XX FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
O programa, lugar e datas previstos son os seguintes:
LUGO
2 de marzo (luns)
12:00 Coéforas (“A traxedia de Orestes”) de Esquilo, Grupo In Albis (Morón de la Frontera)
16:00 Gurgullo de Plauto, Grupo In Albis (Morón de la Frontera)
3 de marzo (martes)
12:00 Ifixenia en Áulide de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Persa de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
A CORUÑA
11 de marzo (mércores)
12:00 Troianas de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Aulularia de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
OURENSE
16 de marzo (luns)
12:00 Ifixenia en Áulide de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Persa de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
TUI
17 de marzo (martes)
12:00 Troianas de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Anfitrión de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña))
4) XV EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA
A primeira fase do concurso celebrarase, como vén sendo habitual, a comezos do mes de febreiro de 2020. No seu momento informarase dos detalles concretos do concurso.
5) CERTAMEN CICERONIANUM 2020
O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de marzo de 2020 e a proba terá lugar o 13 de marzo de 2020.
6) PROBA DE GREGO PARNASO 2020
O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de marzo de 2020 e a proba terá lugar o 27 de marzo de 2020.
7) VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A data prevista de celebración das probas será o luns 25 de maio de 2020.
A festa de entrega solemne de premios terá lugar previsiblemente o mércores 17 de xuño de 2020.
8) VIAXE A ITALIA
Está previsto que a viaxe teña lugar na semana de Entroido de 2020 (22-29 de febreiro) cun programa similar ao do ano 2018. Como moi tarde, na última semana de outubro publicarase na páxina web toda a información. Como sempre, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato das materias impartidas polos departamentos de Grego e Latín.
9) SEMINARIO “CÍRCULO GREGO DE GALICIA: PRÁCTICAS ORAIS DE GREGO ANTIGO”
Celebrarase unha sesión un venres de cada mes entre outubro de 2019 e xuño de 2020. Solicitarase recoñecemento da actividade ante o Ministerio de Educación cunha equivalencia de 33 horas lectivas. A actividade estará coordinada polo profesor Óscar Soto Fernández.
10) CURSO DE TEATRO GRECOLATINO
O curso vai dirixido ao profesorado e estará dedicado aos elementos necesarios para dirección e montaxe dun espectáculo teatral (clásico). Solicitarase recoñecemento da actividade ante o Ministerio de Educación cunha equivalencia de 20 horas lectivas. O curso desenvolverase previsiblemente a partir do próximo mes de novembro de 2019 e será impartido polo profesor Ricardo Martín Fernández.