SEECGalicia

VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS 2021

1. Destinatarios
Estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.

2. Probas
Os estudantes poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas do concurso.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección do dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados na ABAU:
— Lingua Grega: Critón e Apoloxía de Sócrates de Platón e primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas de Xenofonte.
— Lingua Latina: Eutropio e Fedro.

3. Data, lugar e hora das probas
Mércores 26 de maio de 2021
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, aulas C-11 e C-12
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina

4. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor/-a de Universidade e dous profesores/-as de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.

5. Premios
Outorgaranse 3 premios en metálico para cada unha das dúas modalidades:
1º premio: 300€
2º premio: 200€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente ás 17:00 horas do martes 22 de xuño de 2021 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Nese mesmo acto serán entregados os premios dos concursos “Odisea” e “A máscara que inspira”.

6. Inscrición
Hai que cubrir un formulario por cada estudante que se desexe inscribir na seguinte ligazón: formulario.
O prazo de inscrición é do 21 de abril ao 21 de maio de 2021.