Viaxe a Grecia 2027. Operación NOSTOS

Viaxes·
5 de octubre de 2026

operacion nostos2.png

A continuación detallamos o programa da viaxe a Grecia 2027, OPERACIÓN NOSTOS, organizada por SEECGalicia para profesores e alumnado de clásicas de centros de ensino secundario de Galicia. Terá lugar durante os días 6 a 13 de febreiro de 2027, haberá 50 prazas dispoñibles, custará 955 euros por persoa (en habitación múltiple) e haberá que inscribirse no formulario que estará de SEECGalicia dende as 15:00 horas do venres 9 de outubro de 2026 ata o xoves 15 de outubro ás 24.00.

Fai click aquí para ver o formulario de inscrición.

PRESENTACIÓN

SeecGalicia organiza unha nova viaxe a Grecia en febreiro de 2027, OPERACIÓN NOSTOS, para profesores e alumnado de clásicas de centros de ensino secundario de Galicia e da facultade de filoloxía da USC.

COORDINADORA

María Carballeira Fariña

DATAS

6 ao 13 de febreiro de 2027

PRAZAS

Ofértanse 50 PRAZAS. Estas prazas ofértanse con preferencia a socias/os da SEEC e 5 delas estarán reservadas a alumnado da facultade, con preferencia igualmente para socias/os. Non existe a posibilidade de ampliar o número de prazas.

VOOS RESERVADOS:

06 de Febreiro: IB1136 SCQ/MAD 13:40-15:00HR

06 de Febreiro: IB0839 MAD/ATH 20:00-00:35HR +1

13 de Febreiro: IB0834 ATH/MAD 15:50-18:50HR

13 de Febreiro: IB1137 MAD/SCQ 19:40-21:00HR

PROGRAMA

RESUMO DO PROGRAMA:

06/02/2027 SAÍDA DE ESPAÑA

07/02/2027 CHEGADA A ATENAS (00:35) E TRASLADO AO HOTEL // VISITA DE ACRÓPOLE, MUSEO E AGORA // TARDE LIBRE

08/02/2027 VISITA DO CANAL DE CORINTO, EPIDAURO E MICENAS // TRASLADO A TOLO

09/02/2027 VISITA DE MISTRAS // TRASLADO A ESPARTA

10/02/2027 VISITA DA ANTIGA MESENIA // TRASLADO A OLIMPIA

11/02/2027 VISITA DA ANTIGA OLIMPIA // TRASLADO A DELFOS

12/02/2027 VISITA DE DELFOS // REGRESO A ATENAS

13/02/2027 TRASLADO AO AEROPORTO DE ATENAS

PROGRAMA COMPLETO

Sábado 6 HOTEL DORIAN INN en B/B ATENAS Lavacolla – Barajas – Eleftherios – Traslado a Hotel
Saída dende Galicia e conexión en Madrid para continuar a Atenas. Ao chegar o autobús trasladaranos ao Hotel Dorian. Cea NON incluída

Domingo 7 HOTEL DORIAN INN en B/B ATENAS Almorzo incluído Visita de Acrópole, Museo e Ágora // Tarde libre Seguramente teremos que levar un pequeno picnic para xantar antes de ir ao Museo. Cea NON incluída

Luns 8 HOTEL DORIAN INN en B/B Almorzo incluído Mañá: Canal de Corinto, Epidauro e Micenas. Tarde: Dirixirémonos a Tolo. Aloxamento no hotel Tolo 3* Cea incluída

Martes 9 HOTEL TOLO en H/B Almorzo incluído Mañá: Saída cara a Esparta. Esparta e a cidade bizantina de Mystrás. Tarde: Aloxamento no hotel Menelaion 3* Cea incluída

Mércores 10 HOTEL MENELAION en H/B Almorzo incluído Saída cara Mesenia atravesando o mítico monte Taygetos. Mañá: Mesenia. Tarde: viaxe cara Olimpia. Aloxamento no hotel Neda 3* Cea incluída

Xoves 11 HOTEL NEDA en H/B Almorzo incluído – Mañá: Olimpia – Tarde: viaxe cara Delfos. Aloxamento en Hotel Acropole Delphi 3*. Cea incluída

Venres 12 HOTEL ACROPOLE DELPHI en H/B Almorzo incluído – Mañá: Delfos – Tarde: regreso a Atenas. Aloxamento en Hotel Dorian INN Cea NON incluída

Sábado 13 HOTEL DORIAN INN en B/B Almorzo incluído De ser posible farase a primeira hora da mañá unha visita libre ao Museo Arqueolóxico Nacional. Saída cara ao aeroporto de Atenas para partir ás 11.00, hora local. En Madrid, conexión con Galicia.

É importante salientar que este programa pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías, imprevistos ou algunha mellora que poida xurdir.

PREZO

Será de 955 € para habitacións múltiples (995 € en dobres e 1180 € en individual).

Este prezo inclúe:

– Viaxe en avión (Iberia), taxas aeroportuarias, traslado dende e ata o aeroporto de Atenas. – Autocar privado durante todo o percorrido polo país. – Aloxamento con media pensión (almorzo e cea) durante toda a viaxe (excepto as noites que nos aloxamos en ATENAS) e taxa turística. – Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos, aos estudante menores de 25 anos e aos profesores acompañantes en exercicio (deberán achegar documento acreditativo dos seus respectivos centros). – Guía oficial en español e audiófonos durante toda a viaxe. É moi importante lembrar o coidado destes audífonos é fundamental, dado que haberá que aboar aqueles que se extravíen ou rompan ao final da viaxe. Farase responsable a cada persoa de coidar do audífono que se lle asigne. – Seguro de Viaxe con Mapfre asistencia.

O prezo Non inclúe as comidas que non se indican expresamente nin algún billete de metro que ocasionalmente houbera que coller para facer algunha visita no tempo libre de cada instituto cos seu respectivo alumnado.

O orzamento está calculado para 50 persoas. De non seren cubertas, teríamos que facer retallos nas actividades ata cadrar os números (ou alternativamente, e se hai acordo, aumentar o prezo).

INSCRICIÓN

É moi importante ler con atención todo o que se di a continuación:

A preinscrición farase da seguinte maneira:

• Durante esta semana (do venres 2 ao xoves 8 de outubro ) pregamos que o profesorado socio comunique á coordinadora por correo electrónico (magistracarballeira@gmail.com) a súa intención de participar na viaxe co seu alumnado. É preciso comunicar o que vai ser definitivo no grupo, non sondaxes ou prevións. • Podedes comunicar inicialmente que tedes un grupo de ata 5 alumnos/as e un profesor/a acompañante. Se hai máis alumnado interesado indicarase á parte. • Deseguido, comunicaremos ao profesorado que fixo esta preinscrición se hai peticións de máis ou, se polo contrario quedan aínda prazas libres. • Se non se cobren todas as prazas, ofertaremos ditas prazas ao profesorado que teña interese en inscribir máis de 5 alumnos, e repartiranse equitativamente. • Se hai peticións de máis, invitaremos igualmente a todos os grupos a que se inscriban na web, sabendo que algún/s deles pasarán a unha lista de espera. • O criterio para determinar que grupos terán preferencia neste último caso será a antigüidade na SEEC do profesor/a socio/a. De haber algún empate, o seguinte criterio será o número de viaxes realizadas previamente con SEECGalicia. • Isto permitiranos ter unha radiografía da viaxe xa antes do día da inscrición na web, e nesta só se porá por escrito o que xa sabemos previamente (no que aos grupos de secundaria atinxe). • Pedímosvos ao profesorado e ao alumnado, unha vez máis, a máxima seriedade nisto, e que se preinscriba o número de participantes que saiba nesas datas que quere ir, que pode ir, e que vai ter os cartos para ir. • Nun principio resérvanse 5 prazas para alumnado de filoloxía clásica socio da SEEC e interesado en participar na viaxe. De non cubrírense pasarán ao alumnado de secundaria.

Para o caso de que queden aínda prazas libres non ocupadas polo alumnado de secundaria, o profesorado socio, ou o alumnado socio da SEEC invitaremos coma sempre a persoas socias da SEEC que viaxen sen alumnado, profesores non socios con alumnado (que pagarían un extra de 30 euros) ou mesmo persoas non socias (que pagarán ademáis deses 30 euros por non pertenceren á SEEC outros 30 euros por compra de entradas). A orde de prelación para esas prazas será exactamente a que acabamos de referir neste parágrafo sumada á orde cronolóxica de inscrición na web.

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na páxina web de SEECGalicia dende as 15:00 horas do venres 9 de outubro de 2026 ata o xoves 15 de outubro ás 24.00. Cómpre cubrir unha inscrición por alumna/o.

Non cumprimentar á inscrición no formulario da web antes das 24 horas do propio día 15 de outubro causará pasar á lista de espera no caso de que esta exista . Todo profesor/a, socio ou non socio, que inscriba alumnado sen participar no proceso de preinscrición debe saber que todo o profesorado que si o fixo ten preferencia absoluta sobre el/a.

FORMA DE PAGAMENTO

Os grupos admitidos deberán proceder da seguinte maneira:

PRIMEIRO DEPÓSITO

Cada instituto participante deberá facer un único ingreso de 200€ por participante (profesor/a incluído/a) na conta que se comunicará no seu momento, antes de rematar o 02 de novembro. De todo ingreso que se faga poderase obter a correspondente factura, que se solicitará directamente á axencia.

Este diñeiro cobrarase como “garantía” de aceptación da viaxe e para facer as reservas oportunas e só poderá ser reintegrado no caso de que o alumno/a que cause baixa sexa substituído por outro.

SEGUNDO DEPÓSITO

Cada instituto participante deberá facer un único ingreso de 250€ por participante (profesor/a incluído/a) na conta que se comunicará no seu momento, antes de rematar o 11 de decembro de 2026.

PAGAMENTO FINAL:

antes de rematar o 8 de XANEIRO de 2027.

AS CANTIDADES QUE FALTARÍAN SERÍAN:

  • CUARTOS MÚLTIPLES: 505 €
  • CUARTOS DOBRES: 545 €
  • CUARTOS INDIVIDUAIS: 730 €

ACLARACIÓN FINAL

Dirixido sobre todo a quen participe por primeira vez. Intentade deixar ben claro ao voso alumnado que será unha viaxe cultural; non unha viaxe para falar toda a noite na habitación do hotel (e aínda menos saír de noite). Non queremos atoparnos unha rapazada cansa e desinteresada nas verdadeiras fins da viaxe. Trátase dunha viaxe de estudos, cun programa intenso e cun custo importante, no que esperamos do noso alumnado o máximo aproveitamento. Cómpre recordar que o alumnado estará baixo a responsabilidade directa do seu profesorado e coa obriga de cumprir escrupulosamente as N.O.F. que os respectivos centros teñan contempladas para as viaxes escolares. En todo caso, SEECGalicia, de observar condutas prexudiciais para o desenvolvemento das nosas actividades, reclamará ao profesorado participante o cumprimento das N.O.F do seu centro, mesmo a nivel sancionador. Igualmente demandará do profesorado implicado tanto que proceda a reclamar ao seu alumnado a compensación correspondente polas perdas ou deterioros nos que puideren incurrir (audífonos, elementos das habitacións dos hoteis, etc.) como que, se for necesario, lle expliquen aos pais e nais correspondentes as razóns polas que lle foi requirida ao seu fillo/a dita compensación.

Categorías deste artigo