SEECGalicia

Viaxe a Grecia para profesores e alumnos 2009

PREÁMBULO

Dado que non se cubriu o grupo de profesores para viaxar a Grecia no Entroido, SEECGalicia ofrece agora unha viaxe para profesores con alumnos.

XUSTIFICACIÓN DA CONVOCATORIA

Esta viaxe está pensada para aqueles profesores que teñan un escaso número de alumnos e non poidan organizar a viaxe a Grecia. SEECGalicia ofrécese para facer de intermediario deste profesorado.

DATA DA VIAXE

A semana da ponte de San José (14-21 de marzo de 2009)

XUSTIFICACIÓN DA DATA

É tempada baixa; pódense conseguir mellores prezos das axencias e, ademais, é previsible que o tempo sexa moito mellor nesa época.

NÚMERO DE PARTICIPANTES

entre 25 (mínimo) e 40 máximo.

PROGRAMA

  • Día 1º (sábado 14 ou domingo 15 segundo prezos de axencias): traslado desde os distintos aeroportos de Galicia a Madrid e Madrid-Atenas; chegada a Atenas. Durmir en Atenas.
  • Día 2º: mañá: visita MUSEO ARQUEOLÓXICO, tarde libre (opcional, pódense organizar visitas a Licabitos, por exemplo): durmir en Atenas.
  • Día 3º: mañá: Acropolis, Ágora, Museo Acrópole?); tarde visita a Sunion, se o tempo o aconsella. Durmir en Atenas.
  • Día 4º: saída para Peloponeso: visita a Epidauro, Micenas, Nemea?
  • (dependendo do tempo) pola tarde traslado a Olimpia; durmir en Olimpia.
  • Día 5º: visita Olimpia; traslado a Delfos: durmir en Delfos.
  • Día 6º: visita Delfos, traslado a Atenas; tarde visita Museo Benaki. Durmir en Atenas
  • Día 7º Mañá libre; tarde regreso Madrid-Aeroportos de Galicia.

Segundo o número de alumnos e a dispoñibilidade dos grupos, pódense programar actividades durante a viaxe: competicións deportivas por equipos nos distintos estadios olímpicos que visitemos (Olimpia, Delfos, Nemea); ou facer estudos especiais da traxedia grega en Micenas.

PREZO P/P:

Sempre será inferior a 700€, pero o prezo final dependerá:

  • Do número de participantes: é evidente que non é o mesmo pagar guías e autocar entre 25 que entre 38 persoas.
  • Das posibles ofertas que, para esa época podamos obter. É presumible coller algunha agora que os prezos en Europa están á baixa por aquilo da crise.
  • Das diferenzas de custo nos traslados Alvedro/Lavacolla/Peinador a Madrid.

O prezo inclúe todos os traslados máis o autocar-guías polo Peloponeso; hotel en réxime de aloxamento almorzo/buffet e dúas ceas as noites do Peloponeso.

Dadas as características de Atenas intentarase escoller un hotel de catro estrelas e que estea preto de metro.

Loxicamente os prezos están calculados para habitacións dobres/triplas. As habitacións individuais terán suplemento engadido.

INSCRIPCIÓN

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na web de SeecGalicia dende o 12 de novembro ata o 12 de decembro.

Terán prioridade os grupos dos profesores pertencentes á Sección galega da SEEC.  Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de presentación.