SEECGalicia

VIII LVDI COMPOSTELLANI

MÉRCORES 22 DE XANEIRO DE 2025

FACULTADE DE FILOLOXÍA DE SANTIAGO

O mércores 22 de xaneiro de 2025 SEEC-Galicia organiza na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela os VIII LVDI COMPOSTELLANI, nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de secundaria, bacharelato e universidade, coa participación de alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica da USC, IES de Melide, IES San Tomé de Freixeiro (Vigo), IES Francisco Aguiar de Betanzos, IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela) e da asociación Esgrima Histórica FALCATA.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Data: mércores 22 de xaneiro de 2025
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC – Santiago de Compostela

10:15-11:15/ 11.15-12.15 . Obradoiros.
Obradoiro de ciencia: aula D15, 3ª planta
Obradoiro de danza grega: Sala de Pilates en soto (local non accesible para persoas con mobilidade reducida)
Obradoiro de escritura antiga latina e grega: vestíbulo 1º andar
Obradoiro de graffiti pompeianos: aula B13, 1º andar
Obradoiro de mosaicos: aula B03, 1º andar
Obradoiro de moda clásica: aula D11, 3º andar
Obradoiro de xogos: salón de actos
Obradoiro de hixiene: D01, 3º andar
Obradoiro de microteatro: B10, 1º andar

10.15-11.45. Xincana mitolóxica por Compostela, saída da Praza do Obradoiro, diante do pazo de Fonseca. A xincana contará coa colaboración do Circulus Latinus

12.30: A Academia de Platón, espectáculo do alumnado de filosofía do IES de Melide. No salón de actos

12:45-13.45. Espectáculo a cargo da asociación Esgrima Histórica FALCATA, no salón de actos.
PREZO: 2 € por alumno/a e obradoiro ou xincana. (A Academia de Platón e o espectáculo de lexionarios son gratuítos.)

Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición entre o 4 e o 11 de decembro de 2024. O formulario de inscrición abrirase o mércores 4 de decembro ás 17.00. Só poderán participar un máximo de 40 alumnos por centro. En cada obradoiro poderán participar 20 alumnos/-as, e no espectáculo de gladiadores 320.
As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado dos centros que colaboran na actividade, despois o alumnado do profesorado ou dos centros socios da SEEC e, dentro deles, os pertencentes á sección galega en primeiro lugar. Comunicarase coa maior celeridade posible a todos os solicitantes en que obradoiros foron admitidos e no correo de confirmación indicaráselle o nº de conta bancaria ao que deben facer a transferencia do importe dos obradoiros, que deberá ser efectuada antes do 20 de decembro.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN