SEECGalicia

Crónica da “Homenaxe a Evaristo de Sela”

O día 27 de novembro a Delegación de Galicia da SEEC sumouse á homenaxe que se lle rendeu a Evaristo de Sela, na súa vila natal. Moderou o acto Manuel Álvarez Groba, presidente da asociación cultural que leva o nome do helenista, e interviñeron Xesús Alonso MonteroJuan José MoralejoVíctor FreixanesStella Maris González, e autoridades locais de Arbo, que trazaron unha biografía do homenaxeado e gabaron a súa figura.

Rapaces de Sela recitaron poemas de Evaristo e leron o comezo da Ilíada. Ao remate do acto descubriuse unha placa na súa casa natal onde consta o seu labor de tradutor ao galego da Ilíada e a Odisea. A revista local Seliña dedicoulle un monográfico a esta homenaxe.

 Seliña Placa