Este é o avance do programa de actividades de SEEC-Galicia previsto para o curso 2023-2024. A información máis concreta e detallada sobre cada unha das actividades irase enviando no seu momento a todos os socios e socias e será publicada na páxina web de SEEC-Galicia: https://seecgalicia.org
1. VII LUDI COMPOSTELLANI
Celebraranse probablemente na segunda quincena do mes de abril de 2024.
2. XIX EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA
As distintas fases do concurso terán lugar na última semana de xaneiro e na primeira de febreiro de 2024. En decembro de 2023 publicarase toda a información desta nova edición.
3. CERTAMEN CICERONIANUM 2024
A proba terá lugar a comezos do mes de marzo de 2024. Na páxina web da SEEC (http://www.estudiosclasicos.org) publicaranse en breve as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición.
4. PROBA DE GREGO PARNASO 2024
A proba terá lugar a finais do mes de marzo de 2024. Tamén serán publicados en breve na páxina web da SEEC todos os datos do concurso.
5. IX OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A probas realizaranse a finais de maio de 2024 e a festa de entrega de premios terá lugar despois das probas de ABAU do mes de xuño.
6. XXIII FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE GALICIA
O programa previsto (que pode sufrir algún cambio) é o seguinte:
A Coruña (Teatro Colón)
Mércores 21 de febreiro de 2024
12:00 Agamenón de Esquilo. Grupo El Ruiseñor de Culleredo
17:00 Persa de Plauto. Grupo El Ruiseñor de Culleredo
Lugo (Auditorio Gustavo Freire)
Martes 27 de febreiro de 2024
12:00 Edipo Rei de Sófocles. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 Xemelgos de Plauto. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
Mércores 28 de febreiro de 2024
12:00 Medea de Eurípides. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 Anfitrión de Plauto. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
Tui (Teatro municipal)
Martes 20 de febreiro de 2024
12:00 Antígona de Sófocles. Grupo Corzos Reunidos de A Coruña
17:00 Mostelaria de Plauto. Grupo Corzos Reunidos de A Coruña
7. VIAXE CULTURAL
Está prevista a realización dunha viaxe a Italia na semana de Entroido de 2024 (10-17 de febreiro). Como vén sendo habitual, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato de materias de Clásicas.
8. ACTIVIDADES FORMATIVAS
SEEC-Galicia colaborará coa asociación Cultura Clásica na organización das XVIII Xornadas de Cultura Clásica que se celebrarán en Lugo os días 5-7 de abril de 2024.
Tamén se continuará co seminario “Círculo latino de Galicia: prácticas orais de latín”.
9. OUTRAS ACTIVIDADES
Continuarase con todas as actividades que xa se veñen desenvolvendo e outras que se poidan acometer encamiñadas á promoción e defensa dos estudos clásicos nos nosos ámbitos, sinaladamente relacionadas con: implantación de LOMLOE, creación de grupos de materias de Clásicas, ponderación de Grego e Latín nas PAU, situación das materias de Clásicas nos distintos centros de Galicia etc. Moitas desas actividades continuarán sendo desenvolvidas a través da exitosa campaña “SOS Clásicas” impulsada por SEEC-Galicia (sosclásicas en Instagram, Facebook e TikTok; ClásicasSos en Twitter) e para todas elas solicitamos a participación de todos os socios e socias.