SEECGalicia

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE SEEC-GALICIA PARA O CURSO 2025-2026

Este é o programa de actividades principais de SEEC-Galicia previsto para o curso 2025-2026. A información máis concreta e detallada sobre cada unha destas actividades irase enviando no seu momento a todos os socios e socias e será publicada na páxina web de SEEC-Galicia, https://seecgalicia.org:

1. IX LUDI COMPOSTELLANI
Celebraranse en principio o mércores 21 de xaneiro de 2026. O prazo de inscrición será a principios de decembro de 2025.

2. XXI EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA
As distintas fases do concurso terán lugar previsiblemente nos primeiros días do mes de febreiro de 2026.

3. CERTAMEN CICERONIANUM 2026
A proba celebrarase o a principios de marzo de 2026. Na páxina web da SEEC (http://www.estudiosclasicos.org) estarán publicados as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición.

4. PROBA DE GREGO PARNASO 2026
A proba terá lugar a principios de abril de 2026. Tamén estarán publicados na páxina web da SEEC todos os datos do concurso.

5. XI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A probas realizaranse na penúltima semana do mes de maio de 2026 e a festa de entrega de premios da Olimpíada e do concurso Odisea terá lugar despois das probas do mes de xuño.

6. XXV FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE GALICIA
O programa xeral é o seguinte:
Tui (Teatro municipal)
24 de febreiro de 2026, martes
12:00 Helena de Eurípides, grupo Noite Bohemia
17:00 Cásina de Plauto, grupo Noite Bohemia
A Coruña (Teatro Colón)
25 de febreiro 2026, mércores
12:00 Antígona de Sófocles, grupo Corzos Reunidos
17:00 Anfitrión de Plauto, grupo Corzos Reunidos
Lugo (Auditorio Gustavo Freire)
3 de marzo de 2026, martes
12:00 Medea de Eurípides, grupo Noite Bohemia
17:00 Cásina de Plauto, grupo Noite Bohemia
4 de marzo de 2026, mércores
12:00 Edipo Rei de Sófocles, grupo Reiseñor
17:00 Asemblea de mulleres de Aristófanes, grupo Reiseñor
Para celebrar o 25 aniversario do Festival de Teatro organizarase tamén un concurso destinado ao alumnado asistente ás distintas representacións.

7. VIAXE CULTURAL
Nesta edición a viaxe cultural terá como destino Italia e realizarase na semana de Entroido de 2026 (14-21 de febreiro). Como vén sendo habitual, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato de materias de Clásicas.

8. ACTIVIDADES FORMATIVAS
Continuarase co seminario “Círculo latino de Galicia: prácticas orais de latín” e queda aberta a posibilidade de organizar tamén o “Círculo grego de Galicia: prácticas orais de grego antigo”.
Asemade prevese a organización de senllos cursos formativos sobre ensino de grego antigo e de latín con métodos activos.

9. OUTRAS ACTIVIDADES
Doutras posibles actividades irase dando conta oportunamente.
Lémbrase a todos os socios e socias que poden facer chegar as propostas de actividades que consideren oportunas á secretaría de SEEC-Galicia ().