SEECGalicia

A MÁSCARA QUE INSPIRA. TEATRO GRECOLATINO NA AULA

Este ano as circunstancias sanitarias non nos permiten gozar do teatro presencialmente nas nosas sedes de Lugo, A Coruña, Ourense e Tui, pero en SEECGalicia queremos que os nosos escolares poidan contemplar dúas obras e traballar sobre elas, aínda que de xeito distinto. Contamos coa colaboración da CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E DIFUSIÓN DO COÑECEMENTO DO CONCELLO DE LUGO, que vén apoiándonos desde hai vinte e un anos.
Presentamos o proxecto “A MÁSCARA QUE INSPIRA”, que se desenvolverá nas seguintes fases:

• 1º TEATRO NAS AULAS
Nas ligazóns adxuntas pódese acceder a unha gravación das seguintes obras:
– Traxedia grega: Hécuba de Eurípides, interpretada polo Grupo Noite Bohemia da Coruña, dirixido por Javier Fernández Mariño:

– Comedia latina: Mostellaria de Plauto, interpretada polo Grupo Corzos reunidos da Coruña, dirixido por Ricardo Martín:

• 2º CONCURSO “CIDADE DE LUGO”
As dúas obras, Hécuba e Mostellaria, serán a inspiración para un CONCURSO que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:
• DESTINATARIOS: poderán participar alumnos e alumnas de Cultura Clásica, Grego, Latín, Filosofía e Artes escénicas de centros públicos, concertados e privados de Galicia.
• LINGUAS: poderanse empregar o galego, o castelán, o latín e o grego.
• TEMA: inspirado nalgún aspecto da traxedia Hécuba ou da comedia Mostellaria.
• MODALIDADES:
– 1º HECATEO. Traballo escrito, de carácter literario ou periodístico, que pode enfocarse como unha crónica social, un suceso, unha investigación policial etc. A extensión (excluída a portada) non deberá superar dúas páxinas DIN A4, con entreliña sinxela, letra Times New Roman 12. O traballo pode ser obra de un ou dous autores.
– 2º POLIGNOTO. Un cómic cos mesmos enfoques anteriores, pero en imaxes. A extensión máxima serán catro páxinas DIN A4, excluída a portada. O traballo pode ser obra de un ou dous autores.
– 3º LISIAS. Un podcast radiofónico cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5. O arquivo deberá estar en formato mp3 e poderá ter forma de entrevista, debate, faladoiro, noticiario etc. O equipo poderá estar formado por un máximo de catro estudantes.
• INSCRICIÓN: para participar no concurso cómpre encher o formulario que se pode descargar AQUÍ e envialo xunto co traballo da modalidade elixida ao correo de SEECGalicia (); a data límite é o 15 de maio de 2021.
• PREMIOS: establécense os seguintes premios:
– Modalidade HECATEO
1º premio: 130 €
Accésit: 100 €
– Modalidade POLIGNOTO
1º premio: 150 €
Accésit: 110 €
– Modalidade LISIAS
1º premio: 250 €
Accésit: 150 €
Se o xurado o considera, algún dos premios pode quedar deserto. Todos os participantes recibirán un diploma de participación. Os traballos premiados serán difundidos por SEECGalicia con fins exclusivamente didácticos.
• XURADO: en cada unha das modalidades estará formado por dous profesores de IES, dous membros da directiva de SEECGalicia e un especialista; o fallo será inapelable.

Agardamos que esta iniciativa teña a mesma acollida que o festival e sexa unha oportunidade diferente para achegarse ás obras clásicas e aprender.