Neste novo curso que empeza temos programadas as seguintes actividades, das que teredes cumprida información nesta web a medida que se vaia achegando a data de celebración.
- Para os meses de novembro e decembro dúas actividades reacionadas coa Astronomía: "Ven a ver os ceos de Compostela dende o monte do Gozo" (finais de novembro) e o curso "Astrónomos e Filólogos Clásicos: iniciación á Astronomía para comprender a carta dos ceos da Antigüidade Clásica" (decembro).
- Curso "Chiron en Compostela 2011: construíndo o noso espazo persoal de aprendizaxe" (prazas esgotadas). Santiago, finais de novembro.
- Conferencia de Manolo González, de Cliphistoria, sobre o "aproveitamento didáctico do audiovisual na didáctica das Clásicas". Será o venres 25 de novembro ás 16:30 horas no IES Xelmírez I, en Santiago de Compostela.
- En febreiro chegará a VII edición do concurso Odisea, no que participarán as seccións da SEEC de Aragón, Valencia-Castellón, Alicante e Galicia, e a Asociacion de Profesorado de Linguas Clásicas de Catalunya (APLEC)
- No Entroido, a viaxe a Italia para profesores e alumnos dos centros de ensino galegos, de novo coordinada por Ricardo Martín.
- En marzo unha nova edición, a XII, do festival de teatro grecolatino de Lugo, con tres días de programación.