A continuación presentamos o blog de Lúa García, alumna de 4º de Filoloxía Clásica, cuxo título é ‘Canta outra vez’, ‘Anacos de lírica grega en galego’
Comezo este blog coa intención de crear un espazo no que compartir os resultados do meu traballo de tradución. No marco da Bolsa de Colaboración do Ministerio de Educación do Goberno de España que me foi concedida neste curso 2014-2015 darei parte dos avances do meu proxecto aprobado polo Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. Desta páxina farei outras páxinas que serán o resultado de moitas emborralladas con tinta. Nela incluirei progresivamente a miña propia tradución ao galego dos recentemente descubertos versos da poeta grega Safo, os coñecidos como o poema dos irmáns. Ademais pretendo que este sexa un espazo no que compartir tamén outras traducións ao galego de poetas arcaicos gregos. Este blog nace dun proxecto que non pretende ser persoal, senón que tratará de contar coa colaboración de todas aquelas persoas que teñan algo que dicir e que compartir coas demais.Blog ‘Canta outra vez’, ‘Anacos de lírica grega en galego’
26 de Novembro de 2014 / 1 resposta
Lúa García
Moitísimas grazas por compartilo.
Un saúdo.
Lúa.