No día de onte, martes 22 de xaneiro de 2019, tiveron lugar os IV Ludi Compostellani coa participación de 200 alumnos/as dos IES de Melide, Curtis, Nstra Señora de los Remedios, O Carballiño, La Salle, Antón Fraguas, Xelmírez II, nº1 de A Estrada, Ramón Menéndez Pidal e Moncho Valcarce. Os participantes gozaron dos distintos obradoiros que se levaron a cabo (escritura, hoplitas, danza, moda, grafitos, cociña e xogos) na Facultade de Filoloxía da USC. Ademáis puideron disfrutar dunha xincana mitolóxica por Compostela e dun espectáculo-obradoiro de lexionarios realizado polo grupo Falcata de Vigo. Todo un éxito de audiencia!
Os participantes levaron como agasallo a súa pulseriña coa lenda “eu amo clásicas” e tiveron a oportunidade de facerse unha ‘tatuaxe’ con algunha frase en latín ou en grego.
Todo isto pódese organizar grazas á colaboración desinteresada dos profesores que se encargan dos obradoiros e ao esforzo de SEECGalicia, que coas cotas dos seus socios afronta os gastos de todas estas actividades.
Agradecemos a todos os asistentes a súa participación e esperamos repetir este éxito en próximas edicións. Vivan as clásicas!