SEECGalicia

REUNIÓN CO CONSELLEIRO

Membros da directiva de SEECGalicia reuníronse co conselleiro de Educación e Cultura D. Román Rodríguez González para lle presentar a nosa sociedade e a súa actividade. El quedou gratamente impresionado das cifras totais das actividades deste ano e valorou o feito de que se desenvolvesen sÓ coas cotas dos socios, sen ningún tipo de axuda económica externa. Asimesmo presentámoslle as nosas inquedanzas sobre a situación do ensino das linguas clásicas coa chegada da LOCE e sobre o futuro do Grao en Filoloxía Clásica no Sistema Universitario Galego, sendo o ánimo do Conselleiro moi receptivo e cooperador. Como resultado final da reunión acordouse redactar protocolo de colaboración onde se concreten os obxectivos a seguir para impulsar o coñecemento do mundo clásico, da súa cultura e das súas linguas. O Conselleiro publicou no seu Facebook institucional unhas fermosas palabras que paga a pena que podedes atopar na seguinte ligazón