SEECGalicia

Un alumno do IES de Cacheiras, segundo posto na fase estatal do Certamen Ciceronianum

Miguel Ferreiro, alumno do IES de Cacheiras, vén de quedar no segundo posto da fase estatal do Certamen Ciceronianum convocado polo Liceo Arpino (Italia), lugar onde se celebrará a gran final europea.

De man da súa profesora de Latín, Concha Sande, este alumno de Bacharelato chegou á fase estatal logo de superar as probas convocadas en Galicia pola Sección Galega da Sociedade de Estudos Clásicos.

Na fase estatal, promovida pola Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC), acadou o segundo posto. O próximo día 5 de xuño, Miguel Ferreiro recibirá na capital española un merecido recoñecemento, con entrega de premio incluída, por parte da SEEC.

*Artigo de prensa no Correo Galego