SEECGalicia

Conferencia do profesor Paul Zanker na Facultade de Filosofía, USC.

O vindeiro 13 de maio ás 11.30 h. terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía a conferencia do Prof. Dr. Paul Zanker, "L´arco di Constantino como monumento del senato", no marco das actividades do  grupo de investigación "Filoloxía Clásica" da USC.

O profesor Zanker estudioou Arqueoloxía Clásica e Historia en Múnic , Roma e Freiburg. Dende 1976 ao 2002 foi Profesor de Arqueoloxía Clásica na Universidade Ludwig-Maximilians, en Múnic e, ao mesmo tempo, de 1995 a 2002 director do Instituto Arqueolóxico Alemán en Roma.

Dende 2002, imparte Storia Antica dell’arte na Scuola Normale Superiore en Pisa. É autor dunha enorme cantidade de obras sobre arte e política no Mundo Antigo, destacando en particular o seu Augustus und die Macht der Bilder, C.H. Beck, München 1987 (Augusto y el poder de las imágenes, Madrid, Alianza Editorial, 2005