SEECGalicia

VIAXE A GRECIA 2023. OPERACIÓN ALEXANDROS

SEECGalicia organiza unha nova viaxe a Grecia en febreiro de 2023, para profesores e alumnos de clásicas de centros de ensino de Galicia.
O programa da viaxe é moi novidoso, é un vello proxecto ideado durante a última viaxe de 2019, e que a pandemia impediu realizar durante os dous últimos anos. Como indica o seu nome, “Operación Alexandros”, quixemos incorporar, por vez primeira nas nosas viaxes, a Macedonia de Filipo e Alexandre Magno, visitando os seus sitios arqueolóxicos máis relevantes. A optimización do tempo e do presuposto levounos esta vez a comezar por Delfos e acabar por Atenas. Tedes información de todas as novidades nas correspondentes ligazóns.
A viaxe será do 18 ao 25 de febreiro de 2023 e o prazo de inscrición comeza o 20 de outubro de 2022 ata o 27 de outubro do mesmo mes.
Podedes consultar aquí o Programa completo e o Formulario de inscrición