SEECGalicia

Odisea 2021 “A saúde e a enfermidade en Grecia e Roma”

A edición 2021 do concurso odisea terá como fío condutor o tema da “Saúde e enfermidade en Grecia e Roma“. Será nos días 22, 23, 24 e 25 de marzo do 2021. A inscrición comezará o luns 11 de xaneiro e rematará o venres 19 de marzo.
Toda a información na páxina do concurso.

Xuramento Odiseico

“Xuro por Apolo médico e por Asclepio e por Hixía e por Panacea e todos os deuses que me embarcarei nesta nave de Odisea co corazón limpo, a mente aberta e as ganas de aprender no camiño, como bo Ulises que son. Farei un oco entre as miñas obrigas no instituto para formarme e prepararme para esta odisea 2021.
Pretexereime e protexerei aos demais, con todos os medios ao meu alcance contra a efermidade que condiciona agora as nosas vidas ata límites nunca sospeitados.
Gozarei buscando información en libros e mediante as TIC, que é do pouco que nos quedou incólume nestes tempos de pandemia real que estamos a vivir.
Xogarei con todas as miñas forzas, desexando gañar e competindo contra os meus contrincantes e rexeitarei todo tipo de trampas.
Aceptarei a derrota no seu momento, se se produce; e alegrareime da victoria se chego a gañar.
E, sobre todo, saberei que terei aprendido cada día que me adestre para esta Odisea 2021 sobre a saúde e a enfermidade en Grecia e Roma, e mesmo terei colaborado a espallar o coñecemento dos nosos antepasados sobre este tema.
Grazas á miña aprendizaxe, serei máis consciente de que nese saber antigo está a raíz, a orixe, dos coñecementos científicos dos nosos sanitarios, que estudan moito e traballan para loitar contra a enfermidade.
Así pois, se observo este xuramento sen quebrantalo, séxame dado gozar do meu concurso e dos meus estudos e ser honrado para sempre entre os meus compañeiros; máis se o quebranto e cometo perxurio, sucédame o contrario”.