MÉRCORES, 22 DE XANEIRO DE 2020
FACULTADE DE FILOLOXÍA DE SANTIAGO
O mércores 22 de xaneiro de 2020 SEEC-Galicia, en colaboración co grupo de investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC, organiza na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela os V LVDI COMPOSTELLANI, nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e universidade, coa participación de alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica e Historia da USC, IES Elviña (A Coruña), IES de Melide, IES San Tomé de Freixeiro (Vigo), e “Gallaecia Viva”.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Data: mércores 22 de xaneiro de 2020
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC – Santiago de Compostela
10:30-11:30. Obradoiros.
Obradoiro de hixiene e cosmética: aula B03
Obradoiro de grafitos pompeianos: aula B13
Obradoiro de moda clásica: aula C11
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1º andar
Obradoiro de danza grega: local 4 en soto
Obradoiro de xogos: vestíbulo 2º andar
11:00-12:30. Xincana mitolóxica por Compostela, saída da Praza do Obradoiro, diante do pazo de Fonseca.
11:45-12:45. Espectáculo de gladiadores, a cargo de “Gallaecia Viva”, no Salón de Actos.
13:00-14:00. Obradoiros.
Obradoiro de hixiene e cosmética: aula B03
Obradoiro de hoplitas gregos: aula B13
Obradoiro de moda clásica: aula C11
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1º andar
Obradoiro de danza grega: local 4 en soto
Obradoiro de xogos: vestíbulo 2º andar
Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición entre o 7 e o 14 de xaneiro de 2020. En cada obradoiro poderán participar 20 alumnos/-as, na xincana mitolóxica 30 e no espectáculo de gladiadores 300. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado do profesorado ou dos centros socios da SEEC e, dentro deles, os pertencentes á sección galega en primeiro lugar. Comunicarase oportunamente a todos os inscritos en que obradoiros foron admitidos. Dado que o número de participantes é limitado, é imprescindible o compromiso rigoroso de asistencia dos admitidos; por este motivo, unha vez confirmada a admisión, deberase aboar 1€ por cada alumno participante polo procedemento que no seu momento se indicará.